En marzo de 2017, asumimos a responsabilidade de formar a directiva, realizando un relevo xeracional. Somos un grupo de 12 persoas, que xa nos coñecíamos por coincidir na ANPA do CEIP Cruceiro de Canido. Constituímos un equipo plural de diferentes perfís profesionais en activo, con sensibilidades políticas diversas e un obxectivo común: o barrio.
O 26 de Novembro de 2023 a directiva renóvase derivado de que diferentes membros da anterior equipa tiveron cambios de traballo a outras localidades, tendo que abandonar os seus cargos.
Cremos firmemente na acción participativa e na toma de decisións horizontais, entendendo que o papel da AV é de mediación, facilitación, aglutinando á veciñanza, colectivos e sectores. Por iso impulsamos en 2018 a creación dun grupo de traballo conformado por todas as asociacións de Canido: a Intrabarrial.