Maica R. Freire
Secretaria
Son filla do sector naval e irmá de insubmiso. Participei en diversas xuntas directivas antes de sumarme á AV, no Colexio de Ciencias Políticas e nas ANPAS do conservatorio e do Cruceiro de Canido. Levo case dúas décadas traballando como consultora para as administracións públicas. Este barrio posúe unha gran enerxía, onde resulta reconfortante poñer en marcha proxectos comunitarios.