O Concello de Ferrol, a través da concellería de Seguridade e Tráfico vai a habilitar o sentido único do tráfico de forma permanente na rúa Celso Emilio Ferreiro, en Canido, en dirección á estrada Alta. A reordenación desta vía inclúe tamén un paseo seguro de 1,8 metros de ancho no lateral próximo á Malata que estará separado da calzada para vehículos, de 3,5 metros de ancho para o seu único sentido, por unha fila de bolardos.