O deseño e posta en marcha dá páxina web da Asociación Veciñal de Canido (AV Canido) é resultado do traballo dos estudantes primeiro curso Grao en Xestión Dixital dá Información e Documentación que se imparte na Faculdade de Humanidades e Documentación da Universidade da Coruña no ámbito da materia Fontes de Información e Recursos Dixitais.

O traballo forma parte da avaliación da citada disciplina e realizouse utilizando a metolodoxía de Aprendizaxe Servizo(ApS) que ten como propósito aplicar o coñecemento adquirido á realidade. Para iso asinouse un anexo entre o presidente da entidade veciñal, Roberto Taboada, e a docente, Viviana Fernández Marcial, o día 10 de Febreiro de 2020 sobre a base de Acordo de colaboración asinado entre a Universidade da Coruña e a AV Canido para desenvolver proxectos de aprendizaxe e servizo.

Os estudantes traballaron na creación  e implementación do sitio web  e, na elaboración de gran parte dos contidos que do mesmo.  Detrás deste resultado hai todo un traballo de procura, síntese,  organizacion e representación da información. Para conseguir os obxectivos, creáronse diversos documentos  orientativos e organizouse o traballo en grupos. Cada equipo traballou de forma autónoma , distribuíndo as tarefas entre os seus membros e asignando  un responsable, e a vez, coordinada,  entre eles, a AVCanido e demais participantes.

Este proxecto comenzou xa desde a primeira sesión da materia no segundo cuadrimestre do curso 2019/2020 pero a mediados de Marzo a actividade presencial foi interrompida como consecuencia da pandemia. O traballo continuou en tempos de COVID-19, o que requiriu un esforzo extra polas tres partes implicadas, estudantes, entidade veciñal e docente.  A forma de traballo cambiou e foi necesario adaptarse á nova situación.

As tecnoloxías da información foron clave nesta nova etapa. Serviron para desenvolver as reunións dos grupos, as titorías e orientacións, e para obter información. Pero as tecnoloxías son un medio e o que hai detrás é o traballo das persoas. Neste sentido é importante salientar o papel da directiva da AV Canido, e en especial do seu presidente Roberto Taboada, de César Pita da asociación Muiño do Vento, e dos membros de HOSCOMPRO.

O sitio web da AvCanido, como recurso electrónico continuo, irase enriquecendo e mellorando ao longo do tempo. Este proxecto realizouse con vocación de servizo e está dirixido aos veciños de Canido e a todos aqueles interesados no quefacer da AVCanido. A páxina web dunha entidade veciñal é un importante medio de información e unha vía para dinamizar a vida no barrio. Desde esta materia quixemos achegar o noso granito de area.

Viviana Fernández Marcial
Profesora titular
Facultad de Humanidades e Documentación
Universidade da Coruña

O equipo​

Deseño e desenvolvemento Web

Xefa de proxecto
Sabela Amado Rojo

Responsable de deseño
Miriam Louro Ríos

Técnica informática
Lorena Pita Castrillón

Secretario
André Rey Vidal

Responsable de contidos
Eduardo Vilachá Martínez

Poder participar na creación dunha páxina web, dende o seu comezo ata o seu lanzamento público, foi moi produtivo tanto a nivel de aprendizaxe persoal como profesional, pois, durarante todo este proceso de deseño creativo adquirimos cuantiosos coñecementos técnicos, habilidades organizativas e outras asociadas co traballo en equipo, tales como a responsabilidade, a comunicación e a cooperación.
Ademais, tamén resaltamos a satisfacción sentida tras ver finalizado o traballo con éxito.

Documentación

Os Maios

Lucía Ferreiro Romero
Nerea Pita Quelle

O feito de poder colaborar a prol da conservación e difusión desta tradición co noso traballo, foi algo moi satisfactorio para nós. Ademais, parécenos unha festa moi interesante e fermosa que enche ata a primavera máis dura de ledicia e bos valores, como a cooperación, a amizade e a solidariedade.

Hemeroteca

Rubén Fernández Blanco
Patricia López Bellas
Paula Pérez Fernández

Este traballo, resultounos moi interesante, xa que coñecimos o barrio e a asociación a fondo tamén como radio filispín, xa que non sabíamos da súa existencia. Un pracer poder formar parte deste proxecto.

Comercios

Sergio Abad Álvarez
Inés Márquez Mouco
Tito Fernández Pérez

Este traballo pareceunos moi interesante e resultou ser unha boa forma de coñecer o barrio e os seus comercios, grazas a el démonos de conta da gran cantidade de establecementos e locais que existen dentro deste barrio, o cal nos sorprendeu bastante. O único negativo que podemos destacar deste traballo é a dificultade que experimentamos para conseguir a información debido a situación na que nos atopamos polo covid-19. En definitiva, estamos encantados de poder colaborar coa difusión do barrio e a marca Canido.

Servizos sociocomunitarios

Xiao Calvo Sanjurjo
Sergio Lugrís Pita
José Manuel Pastoriza Anca
 Santiago Rafael Sinde Pita da Veiga

A realización deste traballo foi una experiencia satisfactoria para nós, porque sabemos que vai ser de axuda para diferentes colectivos da sociedade. Tivemos certas dificultades para facelo como, por exemplo, a provocada pola situación do COVID – 19 pero, aínda así, intentamos dar o mellor de nós para sacalo adiante.

Servizos educativos

Ana Rey Kochinke

A miña contribución consistiu en rastrexar as posibilidades educativas de Canido. Deste modo puiden descubrir a riqueza social e cultural do barrio.