Videoresumo Maios 2022 – Realizado por Sara Pisos
Os Maios por Ánxela Loureiro
A CONSERVACIÓN DOS MAIOS DE CANIDO (Ferrol)
A orixe da festa dos maios é incerta. Hai especialistas que a sitúan no mundo castrexo, outros relaciónana coas divindades gregas (Deméter ou Cloris) ou coas romanas (Maia ou Flora), incluso hai algún estudoso que asegura que a procedencia é dos pobos suevos. En calquera caso pódese asegurar que en Galicia ten moitos séculos de antigüidade, moitas formas diferentes de celebrala e con carácter pagán.
Chámase Ciclo do Maio a un conxunto de rituais de signo festivo relacionados coa floración e a eclosión vexetal que teñen como obxectivo o agradecemento á natureza pola chegada da primavera como un período de máis luminosidade no que abrochan as plantas e anuncian un futuro de abondosos froitos.
Hai constancia documental de que en Ferrol celebráronse os maios en todos os barrios ata os primeiros anos do século XX e que soamente no de Canido mantívose a tradición todos os anos ata os nosos días. Quizais a razón sexa que era a zona máis agrícola ou que a súa veciñanza tivo maior devoción polo ritual, o caso é que este barrio conservou o costume ancestral con todos os seus elementos, pero ao mesmo tempo foi dándolle matices específicos que fai a súa festa diferente ao resto.
Un dos elementos máis significativo é o enfeite do seu cruceiro. É un caso único que se fai cada ano dende hai séculos e que se pode considerar o maio principal. Poida que a orixe sexa unha antiga Árbore de Maio que se cristianizou e converteu nun cruceiro de madeira que durou ata o ano 1679 e que posteriormente construíuse en pedra. Hai constancia de que a finais do século XIX cubríase totalmente de flores, tapando os elementos relixiosos e de que as nenas formaban un corro collidas das mans e cantaban os maios ao seu redor. Tamén a fotografía máis antiga que se conserva do ano 1905 mantén o cruceiro cuberto de flores completamente. Aínda que nos arquivos eclesiásticos non hai constancia algunha da orixe, sábese polas informacións de prensa que, polo menos dende o ano 1879, saía cada 3 de maio unha rogativa dende San Xiao ata o cruceiro de Canido para a bendición dos froitos. Na actualidade hai un grupo de veciñas e veciños que seguen enfeitando o cruceiro no primeiro sábado de maio.
Sábese que ata finais do século XIX conserváronse en Canido maios humanos ou viventes (son nenos ou nenas que se cobren o corpo con follas e flores) e as maias (grupos de nenas e nenos que levan arcos con flores e que cantan coplas de maios e piden aguinaldo).
Os maios que seguen manténdose e que son moi característicos no barrio son os chamados maios altar. Antigamente colocábanse nas rúas, principalmente na Alonso López, e consistían en poñer adornos florais sobre unha mesa cuberta cun pano branco.
Os chamados maios figurados (con forma cónica ou piramidal) e que se leva dun lado a outro tiveron presencia en diferentes períodos. Os figurados artísticos (con todo tipo de formas e de enfeites) son máis recentes, pero non menos importantes.
Todos os maios van acompañados dun recipiente onde se pide o aguinaldo. No pasado dábanse castañas pilongas e chamábanse as maiolas. Ese aguinaldo pedíase despois de cantar os maios, incluso de facer unha pequena representación. Na actualidade non se cantan os maios no barrio de Canido, pero houbo épocas en que si se cantaron e quedan textos e melodías que se poden aínda recuperar.
Ánxela Loureiro. Autora do libro “Maios en Canido, Canido en maios”. Caderno 33 de FerrolAnálisis
Maio 2023
Galería
Os Maios en Canido
Os Maios en Canido son de vello coñecidos e máis que unha tradición son un sentimento. Por iso, ofrecemos un achegamento á historia, tradición e celebración dos Maios no barrio ao longo do tempo. A que estás agardando, anímate a coñecela.
Orixe dos Maios
Estás interesado no tema? Se é así, e gozas ampliando o teu coñecemento, non te esquezas de ler o seguinte apartado. Lembra...como Albert Einstein dicía: “a mente que se abre a novas ideas xamais volve ao seu tamaño orixinal”.
O noso pequeno Maio
Queres facer un Maio e non sabes por onde comezar? Mostrámosche neste claro e sinxelo titorial como realizalo. Recorda, este é un exemplo, pero saca o teu lado máis creativo e divírtete durante o proceso.
Hemeroteca
Bibliografía
Sobre Canido
Estás interesado na historia deste barrio? Pois neste apartado recollemos diferentes recursos que aportan información sobre a súa historia e outras celebracións que acolle.
Burgoa Fernández, J. J. e Llorca Freire, G. (2019). Memoria histórica do barrio de Canido. Ferrol: Edicións Émbora.
Hermida, E. (2014). Meninas de Canido: Arte y barrio. A Coruña: Bululú.
Vicente, S. (2002). Canido, una cruz para la historia. La Voz de Galicia. Recuperado de https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2002/08/02/canido-cruz-historia/0003_1176406.htm
Sobre festividades vinculadas cos Maios na Península Ibérica (España e Portugal)
Gutiérrez Fernández, J. M. (2012). El mayo, una tradición lebaniega. Biblioteca Virtual Lebaniega. Recuperado de http://www.valledeliebana.info/bvl/items/show /1#?c=0&m=0&s=0&cv=0
Martínez Laseca, J. M. (s.d.). Pinguemos los Mayos [Mensaxe nun blog]. Recuperado de http://soria-goig.com/Etnologia/pag_0841.htm
Serrano Copete, J. (s.d.). Los Mayos: Restos de un pasado pagano [Mensaxe nun blog]. Recuperado de http://soria-goig.com/Etnologia/pag_0841b.htm
Veiga de Oliveira, E. (1984). Festividades Cíclicas em Portugal. Lisboa: Publicações Dom Quixote.
Sobre os Maios e outras celebracións relacionadas en Europa
Pinner, D. (1940-). Ritual. Londres: Finders Keepers Records.
Senén, F. (2020). As tradicións celtas e romanas dos maios. Nós. Recuperado de https://www.nosdiario.gal/articulo/cultura/tradicions-celtas-romanas-maios/20200501075222096502.html
Snell, P. (Produtor), e Hardy, R. (Director). (1973). The Wicker Man [Película]. Reino Unido: British Lion Films.
Sobre os Maios en Galicia e outras tradicións agrarias
Aquí temos algunhas referencias para quen queira ampliar información sobre os Maios en Galicia.
Asociación Folclórica e Cultural ORBALLO. (s.f.). Festa dos Maios [Mensaxe nun blog]. Recuperado de http://www.orballo.org/?page_id=145
Frieiro, F. (2018). Los Mayos de Vilagarcía, una tradición pagana de orígenes ancestrales. Revista eSmás Vilagarcía, (20), 15-16. Recuperado de https://www.revistaesmas. com/los-mayos-de-vilagarcia-una-tradicion-pagana-de-origenesancestrales.html
González Pérez, C. (1997). La fiesta de los “maios” en Galicia: Ourense. Narria: Estudios de artes y costumbres populares, (79-80), 33-40. Recuperado de https://repositorio. uam.es/xmlui/bitstream/handle/10486/8538/45902_6.pdf?sequence=1&isAllowed=y
Larriba, E. (2011). Una rica y ancestral tradición. La Voz de Galicia. Recuperado de: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2011/04/30/rica-ancestral-tradicion/0003_201104P30C6993.htm
López Gómez, F. S. (1996). Os Maios: Coñecemento do medio cultural galego. A Coruña: Bahía.
Loureiro Fernández, A. (1995). Cancións para o ano. Vigo: Xerais.
Museo de Pontevedra. (2012). A festa dos Maios no Museo. Recuperado de http://www.museo.depo.gal/pdf/maios.pdf
Paz Rodríguez, J. (1998). A festa dos maios na escola. Ourense: ASPGP.