Atención ao domingo 10 de xullo en Canido !!!!!!
Dende as 11.00 ata as 20.00 h, na Praza Fernando Miramontes (antes Praza da Auga), Mercado Popular
Ás 13.13 h na Praza do Cruceiro, Sesión Vermú con “Baluarte”
En xullo, o segundo domingo do mes, volvemos co Mercado Popular de Canido: 2ª man, artesania e antigüidades. Aberto á participación da veciñanza que quera desprenderse desas cousas que xa non se usan e ocupan na casa e tamén, aberto á participación de entidades sociais e culturais que queran visibilizarse e vender o seu merchandansing…
Para amenizar a xornada e disfrutar de bos refrixerios pasádevos pola Praza do Cruceiro onde o grupo “Baluarte” vai poñer a música (13.13 h)
Non deixedes de vir