Acerca de "O Barrio"
Neste mes de abril do 2024 naceu en Canido “O Barrio”, un boletín de edición mensual que ten coma obxectivo achegar as novas que acontecen na nosa contorna máis próxima.
O boletín editado pola AV de Canido en colaboración coas entidades ASC Muíño do Vento e FerrolTerra Antiga, terá ampla información sobre o que aconteza, así como daquelas outras actividades, eventos, exposicións, palestras, que se organicen e que poidan ser interese para a veciñanza. Pódese atopar o boletín nos distintos establecementos comerciais de Canido e é totalmente gratuíto.
O que busca “O barrio” é recuperar a comunicación física coa veciñanza especialmente coa de maior idade que moitas veces sofren unha barreira de entrada por mor da fenda dixital e o seu acceso as redes sociais. Por outra banda, co boletín abrimos unha nova canle de expresión para os veciños e veciñas do barrio, contando cunha sección específica no “Cóntanolo Ti”, no que a veciñanza pode facer achegas con textos, fotografías, opinións ou peticións. Este boletín está feito con vocación aberta e participativa.
Descarga aquí as edicións anteriores
2024
2025
2026
2024
Nº6 – OUTUBRO 2024
Nº7 – NOVEMBRO 2024
Nº 8 – DECEMBRO 2024
2025
2026




