Roberto Taboada Fernández (Vigo, 1969), un «venideiro» que reside en Canido dende 2012, é o novo presidente veciñal do barrio de moda de Ferrol. Empregado público e xestor cultural no seu tempo libre, decidiu pasar dos comentarios a pé de rúa a tentar levar á práctica esas reivindicacións. Durante os dous vindeiros anos tratará de abrir a asociación á cidadanía e a todos os segmentos de idade. -¿Por que decide dar o paso? -O grupo de xente que nos presentamos nos coñecemos da escola dos nenos, van todos ao Cruceiro de Canido, e os nosos encontros trascenderon diso e compartimos amizade.
Canido é un barrio singular
25/03/2017Escrito por AV Canido