A Asociación Veciñal de Canido acollerá no Centro Cívico obradoiros da Noite Galiga dos investigadores GNIGHT na tarde-noite do vindeiro 26 de Setembro.

O evento, coordinado pola UVigo, achegará a ciencia a rúas, museos, institucións educativas e bares. Outro ano máis, a Noite europea das persoas investigadoras celebrarase en Galicia con folgos renovados, da man de máis dunha ducia de institucións: universidades, centros e institutos de investigación, coordinados pola Universidade de Vigo. Coa creatividade e a súa relación co coñecemento científico como eixo do evento, baixo o lema “Conciencias creativas”.

Deste xeito o Centro cívico de Canido acollerá os seguintes obradoiros:


18.10-19.00 h. 

Marketing territorial: Sabes o que é a marca cidade? 

EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Álvarez García, José Javier Orosa González – Facultada de Economía e Empresa, Universidade da Coruña

Preténdese explicar a importancia do Marketing territorial e o Marketing de Cidades, así como as diferentesestratexias ou ferramentas que se dirixen á promoción de territorios, como ciudades ou países, co obxetivo de mellorar o seu atractivo e competitividade e coa finalidade de crear unha marca, a marca cidade.

 

19.00-20.00 h.

Nin o imaxinas: a importancia da economía para o día a día

EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz, Begoña Alvarez García e José Javier Orosa González, Facultade de Economía e Empresa, Universidade da Coruña

Vanse presentar conceptos de economía que son básicos e que están relacionados coa actualidade (como inflación, reduflación, tipo de interese simple, tipo de interese composto, débeda pública, bonos do Estado, préstamos, hipotecas, nómina, factura, ticket).

O obxectivo do taller é conseguir que os participantes poidan entender mellor as noticias que escoitan ou len e poidan familiarizarse co razoamento financeiro e ideas que lles van servir no seu día a día.

20.00-21.00 h.

Marketing e eleccións

EQUIPO DOCENTE | Joaquín Enríquez Díaz e Javier Orosa González, Facultade de Economía y Empresa, Universidade da Coruña

Os medios dixitais, e de xeito moi especial as redes sociais, teñen cada vez unha maior relevancia como ferramentas para comunicar as diferentes ofertas electorais dos diferentes partidos e chegar así aos votantes e indecisos. Estes cambios fixeron que os vídeos electorais teñan cada vez un papel máis fundamental nas diferentes campañas.

Tendo en conta este contexto, analizaremos o uso dos vídeos electorais empregados polos distintos partidos durante as pasadas eleccións ao Parlamento Europeo e ao Parlamento de Galicia.