A Asociación Veciñal de Canido, en colaboración con diferentes colectivos da rede EntreBarrial —como a Sociedade Recreativa Deportiva Canido, a ASC Muiño do Vento, Capoeira Luanda, Acordeonistas de Canido, entre outros— presenta a programación das actividades para o curso 2025/26 (VER AQUÍ INSCIÓNS), que arrincan en setembro cunha oferta ampla e diversa destinada a todas as idades.

As actividades desenvolveranse fundamentalmente en dous espazos:

Local da Sociedade Recreativa Deportiva (SRD) Canido

Centro Cívico de Canido

A programación inclúe propostas culturais, artísticas, deportivas e de benestar:

Música e danza: acordeón, batukada, percusión, baile galego, salsa, bachata, lindy hop, sevillanas, jazz, flamenco…

Deporte e saúde: fútbol base, capoeira, pilates, ioga, hipopresivos, exercicio terapéutico, ximnasia de mantemento, entrenamento funcional, mindfulness…

Idiomas e aprendizaxe: inglés para nenos/as, italiano, xaponés (conversación e preparación), escritura en movemento.

Artes e creatividade: macramé, cestería de vimbio, calceta e ganchillo, bordado, palillos, teatro infantil e adulto.

A preinscrición comeza o 1 de setembro a través da web www.avcanido.org onde tamén se pode atopar toda a información.

Con esta programación, a AV Canido e as entidades da intrabarrial reafirman o seu compromiso coa dinamización comunitaria, apostando por unha oferta accesible, interxeracional e aberta a todo o barrio