O Concello de Ferrol permite dende hoxe a reapertura dos centros cívicos e locais sociais municipais, xestionados pola Administración local ou polas entidades asociativas. O alcalde, Ángel Mato, firmou na tarde de onte un bando no que detalla que, en aplicación da fase 3 do plan para a transición cara unha nova normalidade, se volve permitir a actividade nestes recintos.