Non é a primeira vez que escribo neste espazo sobre o barrio de Canido. Nesta ocasión, fágoo sobre a noticia da semana: a aparición dun grafiti asinado por Banksy na parede reservada para este xenio universal do arte urbano. A estas alturas da película, ninguén pon en dúbida o impacto que tivo a campaña publicitaria dunha coñecida marca de cervexa -á que aproveito para pedirlle que reconsidere algúns patrocinios, sobre todo os vinculados co deporte feminino, que en Ferrol tantas alegrías está a darnos, pero que necesita a axuda de firmas potentes-, que para promocionar a celebración das Menin …

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/04/20/banksy/0003_201804F20C12992.htm