Importante e necesaria a campaña de Nadal de Cáritas Santa Cruz de Canido

Querida veciñanza,

Iniciamos xa a Campaña do Nadal 2021. Dende hoxe xa están á vosa disposición as urnas nas que podedes depositar as vosas doazóns nos 7 locais colaboradores, ademáis do noso local parroquial e o ingreso directo na conta de Cáritas Parroquial:
ES63 2080 0225 1930 0001 1777
Nas imaxes tedes os cartaces e máis o díptico que repartiremos por todo o barrio, ate as nosas posibilidades, durante as próximas semanas, a fin de que podamos ter a máxima difusión por todo tipo de medios.
Como sempre insistimos, a Campaña do Nadal non é unha campaña calquera, é o momento forte no que obtemos boa parte dos fondos que precisamos para todo o ano. Da vosa colaboración e difusión depende que podamos chegar ao máximo número de persoas, por eso pedimos que nos botedes unha man.
Este ano decidimos non facer a campaña nas datas do Toldo da Tafona por considerar que os tempos non eran os adecuados para pedir á xente máis sacrificios dos xa vividos. Tampouco conseguimos consolidar un método estable de cobro dos socios, polo que aínda estamos nunha etapa de transición que nos condiciona parte dos ingresos. Non obstante, a comunidade foi quen de compensar sempre estas dificultades e nos sentimos fondamente arroupados por todxs vós.
Agradecemos enormemente as facilidades que nos ofreceron os locais colaboradores para participar da campaña, a pesares se que somos conscientes de que implica sempre unha certa complicación.
Grazas a eles podedes doar en:
QUIOSCO DO CRUCEIRO DE CANIDO
SRD CANIDO
FRUTERÍA VÍCTOR
IMOS ALÓ
ZAPATERÍA EL CUBANO
CAFETERÍA ROLEN
COVIRÁN CANIDO

Unha forte aperta e Bo Nadal