Nace a web “Canido en nomes”.

A páxina, que xa foi presentada nos medios, é un proxecto conxunto coas entidades Muiño do VentoAcordeóns de Canido e Ferrolterra Antiga.

Un impecable traballo  que,  a través dun percorrido toponímico, nos achega á historia do barrio e a súa transformación ao longo dos séculos; dende os seus comezos como unha aldea, ata o presente, xa integrado no espazo urbano de Ferrol.

Unha web viva, na que o traballo de investigación e as novas aportacións de contidos convídannos a revisitala unha e outra vez

Podedes acceder no seguinte enlace, que tamén atoparedes no menú principal da nosa web

https://canidoennomes.eu/