Atención!!!
AS ENTIDADES DE CANIDO DESCONVOCAN A CONCENTRACIÓN PREVISTA PARA MAÑÁ, VENRES 4 DE FEBREIRO ÁS 17 H.
Á media mañá deste Xoves, o concelleiro de seguridade Germán Costoya xunto co xefe da policía local achegáronse ata o barrio a manter unha reunión co presidente da entidade veciñal xunto con outros representantes asociativos así como algún veciños.
Na reunión avaliáronse diferentes alternativas que fagan máis segura a circulación no barrio, xa non só en Atocha senón noutros puntos coma e o caso de Alonso López. Concretamente na rúa Atocha o concello comprometeuse a levar a cabo as petición veciñais mediante un proxecto en duas fases: A primeira e de forma máis inmediata, na vindeira semana procederase á colocación de bolardos, no lado das vivendas e unha segunda intervención, pendente de contratación, para reubicar e elevar o paso de peóns que está na saída do CEIP Cruceiro. Tamén se introduciu no debate a posibilidade futura de unha reordenación da circulación na zona, coa intención de calmar o tráfico e humanizar algún tramo de rúa.
Sobre o outro punto de risco na rúa Alonso López, despois da praza da Tafona, queda pendente dun informe de opcións para impedir a circulación de vehículos a velocidade inadecuada.
Dende as entidades do barrio agradecemos a rápida resposta do concello e a súa atención e disposición a resolver un problema que afecta á seguridade daquelas persoas máis vulnerables como son os nosos maiores e os nosos nenos e nenas. Deste xeito desconvocase a concentración prevista para mañá venres, aínda que, estaremos na praza do Cruceiro ás 17 h. para dar información en persoa e recoller as impresións da veciñanza.
Todo isto…queremos acompañalo dun fondo musical… https://youtu.be/w8UGs0rdhq8 Boa noite e moitas grazas polas atencións #FacendoBarrio

facebook.desconvocada