Espazo de titularidade municipal, inaugurado en abril de 2015, que permaneceu pechado á veciñanza e practicamente sen actividade ate setembro de 2017. É un equipamento no que ten a súa sede, ademais da AV, a ASC Muíño do Vento e o colectivo Opaí-Rádio Filimpim, que de forma coordinada autoxestionamos a actividade do lugar. Isto partindo de varias premisas: que sexa un espazo aberto á veciñanza e que sempre teñan cabida o maior número posible de actividades externas. Por iso tamén utilizan o Centro, como sede, os coros infantís Concerto Tempiño e Concerto Novo, o grupo de música xuvenil Quenindiole, a asociación Manaia, escola de danza tradicional Mario Escudero da asociación Donas e Galáns e asociación de Capoeira Luandé.

O espazo cédese a múltiples colectivos para desenvolver as súas actividades, como Cruz Vermella, Asociación de Persoas Xordas, colectivo de Ferrolterra da Zanfoña, etc.