A continuación, móstranse as diferentes áreas dos servicios sociocomunitarios das que se indican varias axudas, estando estas últimas en folletos.
Axudas á terceira idade
Dirixidas, principalmente, a familias que non dispoñen de tempo suficiente para coidar ás persoas maiores.
Mobilidade humana
Axudas para a poboación inmigrante, ou para persoas que non están familiarizadas co entorno de Ferrol.
Violencia de xénero
Axudas dirixidas a aquelas mulleres que son ou foron vítimas de violencia de xénero, xa sexa de maneira física ou psicolóxica.
Familias monoparentais
Axudas dirixidas, principalmente, a aquelas familias nas que a tutela corre a cargo dun só proxenitor, xa sexa un pai ou unha nai.




