O venres 18 de febreiro asinamos o documento de cesión da parcela na rúa Celso Emilio Ferreiro. Ben agradecidas a Amalia Niebla, propietaria da parcela e a todas as compañeiras e entidades que nos acompañan nesta nova aventura. Neste espazo desenvolveremos un proxecto ben lindo, un prototipo de bosque comestible, do que faremos partícipes a entidades e veciñanza para a limpeza, acondicionamento, deseño, prantación, coidado e recolección.
O sábado 5 de marzo xa teremos a primeira xornada de traballo comunitario, para a limpeza da finca e aproveitaremos facer o propio no lavadorio, xa iremos informando, pero se queres apuntarte: escríbenos avcanido@gmail.com