Ampliación da exposición Efixies de Goiriz de Roque motivada polo éxito acadado

 

Ferrol, 10 de xaneiro de 2024.- A exposición Efixies do recoñecido fotógrafo ferrolán José María Goiriz de Roque inaugurada o pasado venres 19 de xaneiro ás 19.00 horas no Centro Cívico de Canido e prolóngarase ata o vindeiro domingo día 11.

 

Motivado polas peticións público e a alta afluencia de visitantes, chegados de distintos puntos da comarca, “Efixies” prolongarase ata o domingo 11 de febreiro, en lugar do 4 de febreiro como estaba previsto inicialmente.

 

A mostra organizada pola Asociación Veciñal de Canido xunto coas entidades Muíño do Vento, SRyD Canido e a Asociación de Acordeonistas de Canido-Ferrol, ofrece unha mirada engaiolante a través da lente distintiva de Goiriz de Roque, que recolle en Efixies a súa experiencia acumulada  ao longo dos anos a través do retrato fotográfico.

 

O horario de visita manterase de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas de luns a venres. Os sábados o horario será de 11:00 a 14:00 horas e os domingos de 11:00 a 13:00 horas.

 

Para máis información, póñase en contacto con avcanido@gmail.com