O pasado martes 29 de xaneiro, Radio Filipim achegou o seu estudio, nun novo programa do FilispiM Vai, ao centro educativo CEIP Cruceiro de Canido para falar con toda a comunidade educativa que traballan dende este colexio por e para os/as nenos/as. Durante dúas horas falamos co profesorado dos proxectos nos que anda involucrado, das súas actividades, das necesidades e de todo aquelo que acontece dentro das paredes deste colexio.

https://www.ivoox.com/filispim-vai-ao-ceip-cruceiro-canido-29-01-2019-audios-mp3_rf_32417529_1.html