O Nº 33 do Caderno FerrolAnálisis “Os Maios en Canido e Canido en maio”, de Ánxela Loureiro, presentarase o martes 21 de decembro no centro Cívico de Canido.
O Centro Cívico de Canido acollerá o vindeiro martes 21 de decembro ás 20:30 horas o acto de presentación do Nº 33 do Caderno Ferrol Análises que está dedicado aos Maios de Canido, do que é autora Ánxela Loureiro

No acto de presentación, ademais da autora participarán o alcalde de Ferrol, Ángel Mato Escalona, a directora de publicación de “Ferrol Análisis”, Esperanza Piñeiro de San Miguel e a presidenta do Club de Prensa, Xulia Díaz.

O Caderno recolle a orixe dos Maios en Canido e as diversas etapas da celebración da festa que se foron sucedendo ao longo dos anos, ata a actualidade. Describe tamén como ao longo do tempo foi acadando as súa propias características, conformando unha tradición que forma parte do Patrimonio Cultural Inmaterial de Ferrol.

O Caderno é froito dun traballo de investigación complexo, con escasas fontes bibliográficas e documentais que Ánxela Loureiro foi resolvendo acudindo a fontes orais enriquecidas coa transmisión inter-xeneracional e avaliadas cunha abondosa mostra fotográfica de orixe privada familiar e con fermosas ilustracións de Mercedes Fernández, que iluminan o Caderno. Conta, ademais, con abondosas fontes xornalísticas coas que a autora vai ensarillando o devir histórico dos Maios de Canido.

O Club de Prensa de Ferrol tenta con esta publicación que o mellor do Patrimonio Cultural e Inmaterial da nosa cidade poida ser coñecido e valorado por todos os que se propoñan o mellor coñecemento do pobo galego e as súas peculiaridades.

https://www.facebook.maiosencanido