Dez anos soe ser un período de tempo suficiente para comprobar o acerto ou erro das iniciativas humanas. Algúns proxectos nacen da euforia por algún acontecer, outros da emulación -o mimetismo, tan humano- e non poucos da rebeldía ante situacións adversas; segundo contan as crónicas desta década, a celebración cidadá coñecida hoxe como As meninas de Canido, ven da ousadía do pintor e veciño do barrio Eduardo Hermida de protestar contra o deterioro urbanístico co poder da arte. O arranque, unha primeira pintura, inspirada nas figuras femininas do fascinante cadro de Velázquez, chantada nun casc …

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/08/31/meninas-10/0003_201808F31C8992.htm