Ide tomando nota do bo número de actividades que vai achegar o Nadal ao noso barrio
– O luns o mago Pedro Bugarín ás 17.30 no ambigú da Sociedade Recreatriva y Deportiva Ambigu Canido.
– O martes: sesión dobre de presentacións literarias. Ás 19 h. Quinito Mourelle presenta o seu libro “pepitoria”, estará acompañado por Vicente Irisarri e ás 20.30 horas apresentación do esperado traballo investigador de Ánxela Loureiro sobre os Maios de Canido. Dúas propostas ben distintas que agardamos sexan do voso agrado e conten coa vosa participación