Canido da as Badaladas
CANIDO DANDO A BADALADA O vindeiro 31 de Decembro na praza do cruceiro de canido teremos as uvas e festa a partir das 23:30 horas, con carpa incluída, DJ e cotillón. Anímate a tomar as uvas Facendo Barrio!
NADAL NO BARRIO
NADAL NO BARRIO Dende o Xoves 21 de Decembro ate o Luns 1 de Xaneiro o barrio de Canido celebra as festas de nadal cunha programación variada que podes consultar no cartaz da esquerda desta nova.
Xornada solidaria con Palestina o vindeiro 16 de Decembro
O vindeiro 16 de decembro teremos unha xornada solidaria con Palestina, que comezará ás 12:30 horas coa proxección da película Farha, e despois dun xantar ás 14;00 o Centro Cívico acollerá unha Jam Poesia e posteriormente un Faladoiro consciente. Máis información no cartaz da esquerda.
Xoves 14 de decembro: Presentación do Podcast “Madriña”
O vindeiro Xoves 14 de decembro terá lugar a presentación do podcast “Madriña”, con guión de Antonio Tizón e dirección de Eugenia Sanmartin. Será no Centro Cívico de Canido ás 19:30 horas










