Como facer un Maio?

Queres facer un Maio e non sabes por onde comezar? Mostrámosche neste claro e sinxelo titorial como realizalo. Recorda, este é un exemplo, pero saca o teu lado máis creativo e divírtete durante o proceso.

Podes ver o seguinte vídeo:

Ou seguir desde aquí os seguintes pasos:

Que necesitas?

 Ferramentas

  • – Tesoiras de xardinería
  • – Fío, cordel ou arame
  • – Unha base
  • – Agullas

Materiais

  • – Pólas
  • – Xesta
  • – Flores
  • – Opcional: ovos e figos

Pasos a seguir:

Estes pasos son orientativos, é dicir, poden alterarse o cambiar a orde dalgún deles. Neste exemplo estamos a falar de como nós o fixemos, pero iso non quere dicir que sexa a mellor maneira.

Dito isto, comezamos !!

    • 1) Saír a por material
      • – Coller pólas (que sexan resistentes, xa que van a servir para montar a estrutura do maio)
    • 2) Montaxe da estrutura (neste caso, cónica)
      • – Montar as pólas en forma cónica
      • – Atar con fío, corda ou arame pola parte superior
      • – Para darlle estabilidade, formar varios aros ao redor do cono para conseguir que se manteña a forma (tantos aros como sexan necesario) e atalo todo.
      • – Cortar o sobrante da parte de enriba
    • 3) Cubrir a estrutura
      • – Ir a recoller xesta
      • – Cubrir a estrutura con xesta, atando todo para que se manteña estable.
    • 4) Decoración
      • – Recoller flores e cubrir o Maio con elas, seguindo o deseño que vos pareza máis bonito.
      • – Opcional: facer colares de ovos ou figos (por exemplo)

Este foi o noso resultado !!

     

Anímate a facelo ti tamén !!