Terceira sesión do ciclo “Palestra Aberta na Cocina”, o sábado 25 de marzo, ás 18,00 h

Xa sabedes, haberá música, café, boa compaña e xentiña que ten moitas cousas ben interesantes que contar

No emblemático local da Cocina Económica (R/ Rubalcava, 29)

Desta volta falamos de “Saúde feminina, unha viaxe de cambios na que te podes coidar ben”, para o cal contamos coa participación de Nuria García Gonzalo (terapeuta ocupacional), e con Esther Martínez Bécares (enfermeira especialista xinecoloxía e obstetricia, matrona e consultora certificada internacional en lactancia)

A colaboración musical ven por conta de Candela Quintía (zanfona e voz) e de Iria Quintía (guitarra)

Información https://palestraaberta.avcanido.org/