Nova xornada de traballo comunitario na Parcela U, coa compañía de Cáritas Santa Cruz de Canido e Xeración. Isto promete!!!…

Logo dos traballos de acondicionamento do solo e recepción da terra xa comezamos a colocar os primeiros bancais. As mañás dos domingos están sendo ben proveitosas. Un proxecto no que están implicadas varias entidades do barrio de Canido, dispostas a dalo todo: Xeración, Cáritas Santa Cruz, CPR San Rosendo, Asociación Española contra o Cancro e AV Canido. Abeconsa constrúe enfronte, mais cede este espazo que nos permitirá traballar cara varios obxectivos distintos, de rexeneración, solidariedade e educación para a saúde.

         

https://diariodeferrol.com/hortacomunitaria

https://vozdegalicia.es/hortacomunitaria