Esta é a imaxe que vai ilustrar a postal de Nadal da AV, unha xentileza de Salomé González Meizoso, retocada por José M. Sarachaga. Esta foto, que chegou a nós por casualidade ten elementos singulares do barrio que queríamos visibilizar: o Cruceiro, como elemento patrimonial e motivo do nome da asociación; a praza, como espazo público a ocupar e gozar; o solar e a casa a reconstruir… porque aínda queda moito por facer; o arco da vella, porque “nunca choveu que non escampara” e porque cremos nas diversidades e finalmente, porque nunha esquina e como saíndo do encadre: El Clavel, un espazo de encontro que xa non está… aaaaahhhh por certo, postal de Nadal que recibirán no seu domicilio as socias e socios (ao día de pago) da entidade cun agasallo de 50 céntimos de lotaria de Nadal.

facebook.postalnadal2021