Estas foron as principais solicitudes e reflexións recollidas na xuntanza mantida coa veciñanza da rúa Celso Emilio Ferreiro en relación ás próximas intervencións anunciadas polo Concello

A dita xuntanza celebrouse na biblioteca do centro Cívico de Canido o mércores 17 de xuño entre as 19,00 e as 19, 50 horas, e contou coa asistencia de 20 veciños e veciñas da citada rúa

A AV.Canido presenta a información traslada polo Concello de Ferrol, dende as áreas de Tráfico, Mobilidade e Participación Cidadá, realizando unha proxección do esquema da intervención. Explica en que consiste o proxecto como o único sentido da dirección do tráfico, de saída de Canido á estrada Alta do Porto, pintado e demarcación con bolardos  da área da senda peonil. Se ben, indica que esta iniciativa debería ampliarse sendo máis ambiciosa a medio prazo no que se refire á seguridade, humanización e mantemento desta rúa e dos seus espazos colidantes (como o parque de Insua). No que se refire á seguridade (iluminación, control de velocidade e reordenación do tráfico noutras rúas adxacentes como Navegantes, Insua), á humanización (beirarrúas na marxe esquerda, carril bici) e acondicionamento (adecuación do lavadoiro de Insua e instalación de miradoiros).

A veciñanza amosase receptiva á proposta municipal e á progresiva humanización da rúa, realizando as seguintes achegas e suxestións:

  • Solicitude dun plano definitivo de actuación, coa indicación dos bolardos e delimitación de zonas de estacionamento. En relación á colocación de bolardos, insístese na saída/entrada de vehículos e garaxes continuos.
  • Colocación dun espello para a mellora da visibilidade na saída de rúa Ínsua con Celso Emilio Ferreiro.
  • Gran preocupación polo exceso de velocidade, a pesar da sinaléctica vertical actual, pregando un maior control policial ao efecto.
  • Realízase unha reflexión sobre a necesidade de manter o dobre sentido na rúa Ínsua logo desta intervención en Celso Emilio, tendo en conta que se trata dunha rúa que ten un trazado irregular cunha visibilidade dificultosa.
  • Solicítase a intensidade da limpeza e mantemento das cunetas, para realizalas transitables ao longo do ano.

A xunta directiva da AV Canido,