Ao medio día, os Coros Concerto Tempiño e Tempo Novo celebran o fin de curso.  O evento contará tamén coa actuación como convidado do Coro odo IES de Ortigueira

12.30 h no patio do Centro Cívico

facebook.concertotempo

A última hora da tarde Moito que celebrar pola banda de Ferror Records que cumpren 7 anos en activo. A festa vai ser por partida dobre

Por un lado terá lugar a primeira data do Solpores en Canido con Ferror Records 2022. Tedes unha cita, entrada gratuita, no Centro Cívico de Canido con:

20:00 Luis & Alberto

Guitarra e baixo de Todo el Largo Verano. Pop optimista e luminoso neste proxecto acústico, versións nudas das súas cancións. Dúas personalidades artísticas que se complementan.

21:00 Willie & Winnie (un dos segredos mellor gardados do folk pop galego)

“Willie & Winnie é un grupo cunha longa e forxada traxectoria. A súa evolución imparable resulta nunhas abraiantes melodías. Os seus directos solemnes e escuros son un plan moi recomendable. Un grupo capaz de hipnotizar sobre o escenario”.

22:00 Atómica DJ (unha selección musical exquisita)

Actriz, directora e creadora na compañía ferrolá Maquinarias Teatro.

Actriz de voz e dobraxe, e docente en Artes Escénicas.

Esta friki ás veces ponse ATÓMICA e pica música, por puro pracer.

Pop-rock, rock, garage, soul e funky dos 60’s e 70’s.

E rarezas…para que non deixes de bailar!

Ao rematar iremos á Sala Ruido para celebrar con Garza, Nüca, Vega Scan e Paloma Dox DJ Set.