Sintonía do programa e presentación dos convidados. Roberto Taboada, Rafa Aguirrebengoa, Esteban Vázquez, Antonio Casal, Rubén Labisbal, Manuel Pita.

Roberto Taboada na sección Noticias do Barrio Alto-Canido informa de mellorías e carencias do Centro Cívico de Canido e da programación quincenal da Asociación Veciñal.

 

Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, analizou tres noticias. A folga dos funcionarios de Xustiza, a folga de Mulleres do 8 de marzo, e novidades arredor do Sistema Público de Pensións.

Estebán Vázquez tramitou a súa declaración de Vivo, Penso e Declaro.

Antonio Casal, Rubén Labisbal e Manuel Pita, compoñentes da Asociación Cultural Ferrolterra Antiga, presentaron o seu debate co título A historia que arrastramos.

Análise do momento histórico que estamos a vivir e procura das causas que poidan explicar este momento histórico actual: caída da URRS, retroceso da Socialdemocracia, globalización, retroceso do Estado de benestar, neoliberalismo…

 

Despedida escoitando La Lege.

https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-11-audios-mp3_rf_23877295_1.html