Comezo do programa  “moendo café” para pasar a sección  Noticias do barrio Alto na que Roberto Taboada informa da apertura da Biblioteca Xuvenil e infantil . Informa tamén da presentación do libro de Antonio García Teijeiro. Para rematar informe da rúa Lili e Cangrexeiras.

En Polo correo do Vento , Rafa Aguirrebengoa  informa sobre os traballos que se están a realizar na Biblioteca para poñer a funcionar definitivamente a Biblioteca Xeral do barrio de Canido. Informe tamén sobre a presentación do documental Ferrol Rebelde .

A crise do 2008 e as súas consecuencias foi o cerne da exposición feita por Rafa A. na sección Outra información é posible.

Paulino Gasalla participa en Vivo, penso e declaro.

Con motivo do aniversario do afundimento do Prestige, pásase  logo a unha pequena lembranza persoal dos sentimentos e vivencias que naqueles momentos tiveron cada un dos compoñentes participantes no programa desta tarde.

Camilo Casal remata a súa exposición sobre Vivenda bioclimática e propón para a seguinte sesión do Obradoiro medioambiental, un estudio sobre o gas Radon.

https://www.ivoox.com/audio_rf_30007418_1.html