Viviana Fernández, en representación da Asociación Veciñal, informa das actividades levadas nestes días por esta entidade. Reunión avaliadora das pasadas festas, reunión da Intrabarrial, próxima apertura do comedor …
Rafa Aguirrebengoa na sección Outra información é posible, analiza os problemas demográficos que están a darse en Galicia. Nun segundo apartado fai un comentario arredor do españolismo rancio. Informa, por último, dos preparativos que se están a facer en Muíño do Vento para recuperar do esquecemento a Pedro Guimarey.
Bibí Neira participou en Vivo ,penso e declaro.
Andando o tempo foi o título do Tema do día. Participaron Maru Fernández e Tita Martínez, mulleres do barrio de Canido. Despois de falar do seu percorrido vital, pasaron a facer análise do momento actual. Os problemas do barrio, da cidade, da sociedade… Pensións, mobilizacións das mulleres, axudas á dependencia, …
E “haja o que houber, havemos de ir a Viana”. Despedida con Amalia.
https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-17-audios-mp3_rf_26095091_1.html