Sintonía e presentación da nova sección, Polo correo do Vento, que estará dedicada a información e suxestións arredor do Muíño do Vento.
Noticias do Barrio Alto , sección na que Roberto Taboada informou do premio recibido pola Asociación Veciñal. Premio outorgado polo Concello ao programa de actividades desenvoltas en Cidade Alegre.
Antonio, Rubén e Manuel, compoñentes de Ferrolterra Antiga, continuando as súas investigacións sobre a historia de Ferrol, presentando a Francisco Suárez García.
Chus Prieto adianta a programación e actividade teatrais que se van desenvolver na Comarca durante esta quincena. E reflexiona sobre o valor da palabra, cerne do teatro. E logo a palabra en mestura coa música , reforzando o valor desta. Recitado de poema de Rosalía e logo a música e a palabra na voz de Adriano Correia.
Outro Mundo é posible, nova sección que presenta Rafa Rodríguez .Ocasión para louvar ao mestre Dº Luís Rodríguez Calvo, que tivo destino durante moitos anos no Colexio de Canido. Estiveron como convidados Dani e María, fillo e nora de Dº Luís.
Despedida e a Bela Muiñeira.
https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-23-audios-mp3_rf_29169130_1.html