En colaboración coa asociación Xeración (voluntariado internacional) realizouse unha xornada de encontro-traballo colectivo no Lavadoiro de Insua
O sábado 22 de agosto foi unha xornada de traballo en comunidade para a comunidade. Participamos moitas e variadas xentes, pero un dos obxectivos era implicar á rapazada que habitualmente utiliza o lugar e aí están, brocha na man. Queda moito por facer, pero xa temos a “folla en branco” para que entre todas pensemos no futuro acondicionamento do Lavadoiro e fonte de Insua… Miradoiro? Merendeiro? Espazo para programación de actividades culturais?
Este lugar é recordado por moitas persoas que contan historias da súa infancia… O ánimo é chamar a atención sobre a necesidade de coidar o espazo público.