O 1 de outubro comezamos as actividades do curso 2020-2021…temos a seguridade que nunca curso tan extraño comezamos. Marcamos os chan das salas para garantir a distancia de seguridade (2 mts x 2 mts) nas actividades dinámicas, ademáis pulverizadores hixiénizantes en cada sala, dispensadores de hidroalcohol nas entradas e felpudos desinfectantes para o calzado, para usar antes de entrar ao centro. Teremos protocolos concretos para cada unha das actividades. Un gran esforzo das entidades para manter o dinamismo, satisfacer a demanda da veciñanza e axudar a manter a economía do noso profesorado. Grazas a todas pola vosa implicación e ao alumnado moitisisisimas grazas!!! por confiar e por ser responsables. Para novas inscripción, preme no enlace http://avcanido.org/actividades   atoparedes os formularios de inscrición