Non sei quen é Banksy. O que menos importa é que cara ten. O importante é que as súas pinturas non nos son indiferentes. Logo, ese espectáculo de se se autodestrúen nada máis ser outorgadas nunha poxa ou se foi el ou un émulo seu quen entrou silandeiramente no barrio de Canido, no Ferrol, e deixou estampada a unha parella de gardas civís (ambos homes) bicándose amorosamente, é o de menos. A arte debe estar no que transmite e non no nome, na fama ou no espectáculo que dá o autor.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/03/23/span-langglarte-barbarie-span/0003_201903B23C6991.htm