Este sábado 26 vai ser ben intenso no centro cívico. Pola mañá, o fin de curso dos coros; pola tarde, faladoiro do colectivo Avante LGTB e na tardiña, música e bocatas veganos con La Casita. Aforo limitado e medidas covid. #FacendoBarrio Máis información nos carteis
A MÚSICA DO BARRIO
Nestas andamos polo barrio…moi ben explicadiño nestes enlaces. Non os perdas, con moitas gañas de ver e escoitar o resultado enfoques.gal.poemacanido ferrol360.canción cadenaser.canidocanción lavozdegalicia.canidocanción
CONTRAHISTORIAS DE GALICIA
o Sábado 5 de xuño tivemos presentación dun libro moi especial…texto de Antonio Reigosa e ilustracións de Rita Groovesnore …que hai uns anos fixo un delicioso cartaz para a Festa dos Maios….grazas a ambos e a Miguel Toval por escoller Canido para presentar tan fermoso volume… Os autores Antonio Reigosa (Mondoñedo, 1958) e Rita Gutiérrez […]
RETOMANDO ACTIVIDADE
Semana…que case que vai parecer pre-Covid…sábado “vermucito” musical no patio do centro cívico da man de La Casita e o domingo retomamos con moita ilusión e máxima prudencia o Mercado Popular de segunda man, artesanía e antigüidades e tamén foliada coa Escola Semente de Trasancos. Para coñecer detalles podes escoitar o audio de Radio Voz, […]
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A TERRA INFINITA”
O 18 de maio presentamos o poemario de Manuel Cendán no CC de Canido. A actividade organízase xunto ás asociacións de acordeóns de Canido e Muíño do Vento. Lembrade que o aforo é limitado e isto ten ben de interese… facebook.terrainfinita
PRAZA DE FERNANDO MIRAMONTES
MAIOS NA XANELA
CHEGOU O MAIO
Hoxe pola tarde iniciamos a elaboración de maios no patio do Centro Cívico, estes imos poñelos polas prazas nos próximos días…pero tedes a posibilidade de facer o voso maio2021 aproveitando o tronco dunha árbore próxima ao voso domicilio, coa intención de facilitar a elaboración de máis maios. Pregunta e te contamos…Felices Maios, aínda que sexan […]














