Amigas, amigos…dende o sábado 31 de xullo ata novo aviso, suspéndese a actividade pública no Centro Cívico por imperativo sanitario (ao subir Ferrol de nível e estar na lista B de concellos, as restriccións son maiores). Ánimo a todas e a ser responsables… http://facebook.AVdeCanido
CANIDO EN NOMES
Nace a web “Canido en nomes”. A páxina, que xa foi presentada nos medios, é un proxecto conxunto coas entidades Muiño do Vento, Acordeóns de Canido e Ferrolterra Antiga. Un impecable traballo que, a través dun percorrido toponímico, nos achega á historia do barrio e a súa transformación ao longo dos séculos; dende os seus comezos […]
EXPOSICIÓN “EL BARRIO” NO CENTRO CÍVICO
Fainos moitísima ilusión que o Centro Cívico non pare de acoller actividades, neste caso unha curiosa e interesante mostra de fotografías d@s nos@s amig@s de Xeración Galicia facebook.xeracion. facebook.centrocivicocanido
OS SONS DO FURANCHO
Non para a ctividades no furancho e nós encantad@s de participar Non perdades facebook.sonsdofurancho
SÁBADO 26 DE XUÑO
Este sábado 26 vai ser ben intenso no centro cívico. Pola mañá, o fin de curso dos coros; pola tarde, faladoiro do colectivo Avante LGTB e na tardiña, música e bocatas veganos con La Casita. Aforo limitado e medidas covid. #FacendoBarrio Máis información nos carteis
A MÚSICA DO BARRIO
Nestas andamos polo barrio…moi ben explicadiño nestes enlaces. Non os perdas, con moitas gañas de ver e escoitar o resultado enfoques.gal.poemacanido ferrol360.canción cadenaser.canidocanción lavozdegalicia.canidocanción
CONTRAHISTORIAS DE GALICIA
o Sábado 5 de xuño tivemos presentación dun libro moi especial…texto de Antonio Reigosa e ilustracións de Rita Groovesnore …que hai uns anos fixo un delicioso cartaz para a Festa dos Maios….grazas a ambos e a Miguel Toval por escoller Canido para presentar tan fermoso volume… Os autores Antonio Reigosa (Mondoñedo, 1958) e Rita Gutiérrez […]
RETOMANDO ACTIVIDADE
Semana…que case que vai parecer pre-Covid…sábado “vermucito” musical no patio do centro cívico da man de La Casita e o domingo retomamos con moita ilusión e máxima prudencia o Mercado Popular de segunda man, artesanía e antigüidades e tamén foliada coa Escola Semente de Trasancos. Para coñecer detalles podes escoitar o audio de Radio Voz, […]
PRESENTACIÓN DO LIBRO “A TERRA INFINITA”
O 18 de maio presentamos o poemario de Manuel Cendán no CC de Canido. A actividade organízase xunto ás asociacións de acordeóns de Canido e Muíño do Vento. Lembrade que o aforo é limitado e isto ten ben de interese… facebook.terrainfinita














