A Asociación de Veciños de Canido inaugura a súa Área de Compostaxe
A Asociación de Veciños de Canido, en Ferrol, ten o pracer de anunciar a inauguración oficial da súa nova Área de Compostaxe, este sábado 10 de agosto ás 12:20 horas. Este proxecto representa un esforzo colectivo para promover a reciclaxe de residuos orgánicos e impulsar prácticas sostibles dentro da nosa comunidade.
O acto de inauguración comezará cunha breve presentación onde se explicará o funcionamento da instalación e os seus beneficios para o medio ambiente e a veciñanza. A continuación, procederase ao corte da cinta inaugural.
Para celebrar este importante avance, ao finalizar o acto ofrecerase un pincho e unha paella como mostra de agradecemento pola colaboración e apoio recibido dos veciños e veciñas de Canido. Será un momento de convivencia no que poderemos compartir experiencias e fortalecer os lazos comunitarios.
Todos aqueles interesados en participar na Área de Compostaxe poden inscribirse enviando unha mensaxe ao 659 264 199 (vía WhatsApp). A participación implica traer os residuos orgánicos de maneira periódica, coa posibilidade de levar o compost resultante para o uso persoal en hortas ou xardíns.
Ademais, aqueles que desexen asistir exclusivamente ao pincho tamén serán benvidos, pero deben confirmar a súa asistencia previamente para facilitar a organización do evento.
*Datos do evento:*
– Data:Sábado, 10 de agosto
– Hora:12:20
– Lugar:Centro Civico de Canido
A Asociación de Veciños de Canido agarda contar coa vosa presenza neste evento que marca un novo e importante paso cara á sustentabilidade no barrio alto de Ferrol.