facebook.portamaxica

Máxica actividade para a rapazada. Día 3, no centro cívico.
Obradoiros

Queres ser maga/o? Dende a organización de Porta Máxica creamos un espazo para que as nenas e nenos de Ferrol poidan aprender algúns efectos e convertirse en aprendices de ilusionista.

Os obradoiros de maxia de Porta Máxica teñen por obxectivo achegar a arte da ilusión aos máis pequenos. Nenas e nenos de entre 6 e 12 anos poderán participar en 4 obradoiros con prazas limitadas a 20 alumnos en cada un:

· 2 de xaneiro ás 12:30 – Centro Cultural Carballo Calero
· 2 de xaneiro ás 17:00 – Centro Cívico de Caranza
· 3 de xaneiro ás 11:00 – Centro Cívico de Canido
· 3 de xaneiro ás 12:30 – Biblioteca Municipal (Praza de España)*

As inscripcións poderán realizarse no rexistro do Concello. As prazas serán adxudicadas por rigurosa orde de inscripción. Os prazos serán anunciados na páxina web e redes sociais do festival.

Os rapaces e rapazas aprenderán os rudimentos da arte do ilusionismo, combinando a posta en escena con algúns números que eles mesmos poderán fabricar no obradoiro, para o cal se lles facilitarán os elementos necesarios. Poderán levar ás súas casas o material para continuar practicando xunto aos seus familiares.

Os profesores serán os ilusionistas profesionais Fani Triana e Martín Camiña, coa colaboración dalgúns dos magos do Colectivo Máxico Lorc & Julit, que teñen experiencia de centos de actuacións fronte a públicos diversos. Estes profesionais compartirán a súa experiencia e coñecemento para espallar o gusto pola maxia en Ferrol. *Este obradoiro está limitado a 15 participantes por cuestións de aforo.