No ano 2013… a xente de ANPA do Cruceiro de Canido organizaba esta acción revindicativa, por mor da seguridade viaria na praza do Cruceiro e na saída do cole por este lugar…
Hoxe, 9 anos despois, este tramo da rúa Atocha é un pouco máis seguro para as persoas que transitan por el, que non son poucas. Aínda quedan cousa por facer para reforzar a seguridade da xente, neste punto e noutros do barrio, nos que a convivencia entre persoas e vehículos pon en moito risco ás primeiras. Hai que agradecer á veciñanza que puso o foco e reclamou a necesidade de intervir, ás entidades do barrio que apoiaron a iniciativa da mobilización e ao concello de Ferrol- cuadrilla de obras, Germán Costoya Casas e Ana Lamas Villar pola súa dilixencia e facilidade para dialogar…e dito isto, non despistemos as cousas pendentes no barrio…