PROGRAMA DE ACTIVIDADES MAIOS 2023 (do 3 ao 7 de maio)

MARTES, 2 DE MAIO

20 H. CENTRO CÍVICO. INAUGURACIÓN: II Exposición foto-pictórica Pintando Ferrol*.  Coa intervención musical de Manolo Bacallao.

  • Participan: Alicia Ruíz, Álvaro Núñez de Pazos, Eva Bergantiños, Hedi Ploegstra, Jaime Picallo Lopez, Jany Rubiños, Katy Martín, Manolo Carballeira, Maribel Garrote Rey, Mercedes Quintiana, Montse Pernas, Pipo Romero, R.M. Galdo e Sol Lamas que reproducirán imáxenes realizadas por Manuel Galdo.

*A exposición é un evento cultural e altruísta no que participan 15 pintores coas súas obras e un fotógrafo afeccionado. O produto das vendas das obras expostas será entregado integramente á Cociña Económica de Ferrol.

MÉRCORES, 3 DE MAIO

7 H. CENTRO CÍVICO. OBRADOIRO DE MAIOS

18 H. LOCAL SRD CANIDO. MERENDOLA INTERXERACIONAL

19 H. LOCAL SRD CANTOS DE TABERNA DO GRUPO DO OBRADOIRO DA ESCOLA DA VACA

XOVES, 4

17 H. CENTRO CÍVICO. OBRADOIRO DE MAIOS

VENRES 5

12 H. PARQUE ANTÓN VARELA, PRAZA DE FERNANDO MIRAMONTES E XARDÍN DE RODOLFO UCHA. XOGANDO NA RÚA. Exhibición de xogos tradicionais polo alumnado do IES Canido, CEIP O Cruceiro e Colexio San Rosendo.

18 H. XARDÍN R. UCHA. CANTABAILA DAS CORES (familiar).

19 h. XARDÍN R. UCHA. COLECTIVO MÁXICO LORC & JULIT FERROL con Martín Varela e Juan Vidal. Colectivo de maxia de Ferrol, dende o 2010. O obxetivo deste Colectivo é o de facer chegar a arte da maxia a tódolos rincóns da nosa cidade e con iso crear unha aficción entre os mais pequenos e as súas familias.

20 H. HORTA COMUNITARIA. CONCERTO. MIGUEL BIEZMA. Country/Folk acústico. Miguel Biezma ten un estilo con influencias do country folk americano así como de diferentes estilos de moitos países. Todos conflúen nun repertorio variado con cancións en Castelán, Galego, Portugués e Inglés tanto propias como versións. En activo dende 2015 xa tocou en múltiples países nas rúas con músicos de todo ou mundo que enriqueceron ou seu estilo.

20 H. PRAZA DO CRUCEIRO. CONCERTO:LOS FALLAOS. Pop-rock. Versións de música española pop. SON: Pepe Ferrer (baixo), Chapas Pardo (percusión), José Pita (guitarra e voz) e  Alberto Ramos (guitarra).

21 H. PRAZA DO CRUCEIRO. CONCERTO: EL CRUCE. Rock con temas propios e versións. Nace no ano 1990 no barrio de Canido, concretamente no seu instituto “A Filial”. Máis de trinta anos despois volveron a gravar os seus antigos temas e están a gravar xa en estudo, temas actuais cargados de bo rock and roll.
Roboces ou morte!!!. SON: Santi Huete (batería),  Pablo Gómez (baixo), Javi Teijeiro (guitarra e coros), Fausto Escrigas (saxo) e Coke Blanco (Guitarra e voz).

22 H. PRAZA F. MIRAMONTES. CONCERTO: LOS ALCÁNTARA. Guateque Rock. Banda formada en 2016 que fusiona as cancións máis típicas da historia da música española con ritmos rock, funk ou reague. Son: Al Vila (Voz), Cabe (Guitarra),  Jota (Baixo) e Colás Late (Bateria).

23 H. PRAZA F. MIRAMONTES. PINCHADA: Son Galicia show Music con Chiqui Dj.

SÁBADO 6

11 H. XARDÍN R. UCHA. BAILANDO PEÓNS E RETO: quén baila a buxaina máis pequena.

12 H. CENTRO CÍVICO. INVENTA UNHA FLOR. ORGANIZA Muíño do Vento.

12 H. XARDÍN R. UCHA. EXHIBICIÓN ACTIVIDADES REGULARES DO CENTRO CÍVICO.

13 H. PRAZA F. MIRAMONTES. SESIÓN VERMÚ: LOS ZARES. TRIBUTO AOS 60 E 70. LOS ZARES nacen en Neda no ano 68, uns anos despois desaparecen e en 2005 volta xuntar para facer tributo ás músicas daqueles anos. SON: Carlos (batería), Wences (baixo e voz), Luis (guitarra e voz), Clotis (guitarra e voz), Manolo (teclado), Xosé (voz) e  Juangui (voz).

14 h. PRAZA DO CRUCEIRO. SESIÓN VERMÚ:                                                                                               PASO DE LLAVE. Rock-pop. SON: Jorge Rompedor (batería), Isman (voz), Emi Kni2 (Guitarra),  Javi Maniños (guitarra e voz), Glo Glugu (batería).                                                                                                       TRANSFUSSION SOUND. Fusión de estilos (Reggae, ska, Blues, Rock). Transfussion nace no ano 2014, coa idea de formar unha banda que paseé por todolos estilos dos membros da formación.

17 H. CEIP CRUCEIRO. Futbol sala, prebenxamíns da SRD Canido.

17 – 19 H. XARDÍN R. UCHA. Asociación Áurega. Mostra da marca sostible R3-STILO, creada por mozos e mozas de entre 12 e 15 anos como parte do proxecto “Sábados polo futuro”.

18 H. XARDÍN R. UCHA. FAMILIAR: O GALEGO QUE RIQUIÑO

19 H. HORTA COMUNITARIA. DANZA: CRISTINA MONTERO E PEDRO MONTILLA

19 H. XARDÍN R. UCHA. CONCERTO: HUMBERTO & CUCO.

20 H. PRAZA F. MIRAMONTES. PRESENTACIÓN XIRA MUSICAL: L G Z (Trap-música urbana). L G Z é un artista ferrolán compositor e cantante de música urbana (trap) e acompáñao un grupo formado por 6 bailarinas que actualmente están a facer o campionato nacional de baile urbano, o cal xa gañaron en anos anteriores, e preparándose para a participación no campionato do mundo que se celebrará en Arizona e un Dj que pon as bases musicais que acompañan a letra creada polo artista. Neste evento L G Z comezará o circuíto 2023 de bolos e eventos musicais ao longo do ano e presentará un novo tema na que o acompaña unha moza que inicia o seu camiño na música a nivel público.

21 H. PRAZA DO CRUCEIRO. CONCERTO: BALUARTE (Rock Pop Blues). Grupo conformado por catro rapaces do barrio de Canido que tentan darlle unha oportunidade ás suas creacións personais nun formato de banda clásico, guitarras, baixo e batería. SON: Esteban Vázquez García (batera), Lucas Vidal Mouriño (baixo), Pedro Díaz Sobrín (guitarra solista), Carlos Díaz Sobrín (guitarra rítmica e voz).

22 H. PRAZA F. MIRAMONTES. CONCERTO: LOS NOSTALGICOS (boleros). No ano 2005, un grupo de compoñentes da Coral “Lembranzas da Terra” de Valdoviño, –todos homes-, decidiron xuntarse os sábados pola tarde, para lembrar cancións, -especialmente boleros- dos anos 50 e 60 do século pasado e sen máis pretensións que as de cantar para éles mesmos. Dado que xa pasaron anos dende que as cancións estiveran de “moda”, pensaron estes homes que sería boa idea “bautizarse”como “Los Nostálgicos.

22 H. PRAZA DO CRUCEIRO. CONCERTO: YO, MINORIA ABSOLUTA (tributo a Extremoduro). A idea de montar una banda tributo,xa levaba un tempo rondando.finalmente naceu “yo.minoría absoluta” unha banda de rock adicada a replicar os mellores temas do grupo extremoduro. O proxecto xurde o se xuntar 5 amigos proviñentes de diferentes bandas. SON: Agustín zafra (voz), David cundins (guitarra), Lucas Gómez (guitarra), Gustavo Suárez (baixo) e  Sebastián vazquez (batera).

23 H. PRAZA F. MIRAMONTES. PINCHADA: Mas Music DJs Rodolfo. Retro sesión de música en vinilos.

23 H. LOCAL SRD CANIDO. PINCHADA: DJ Frankie Farline

DOMINGO 7

12 H. XARDÍN R. UCHA. FAMILIAR, TALLER INTERACTIVO: “OS MAIOS”.

12 H- 16 H. PRAZA DA TAFONA. TOLDO DA TAFONA. Integra festa e compromiso cos empobrecidos, onde o barrio se expresa abertamente como lugar de acollida. Veciñanza compartindo un presente e un futuro mellor cos máis febles sen perder o espírito festeiro.

  • ACTUACIÓNS MUSICAIS. GRUPO DE PANDEREITEIRAS E CANTAREIRAS DO OBRADOIRO DE MUÍÑO DO VENTO + GRUPO DE GAITAS DE DONAS E GALÁNS.

13 H. PRAZA F. MIRAMONTES. Saída/itinerante. BANDA DE GAITAS AGARIMO DE CATABOIS.

14 H. PRAZA DO CRUCEIRO. SESIÓN VERMÚ: LIDIA INDIA & GRUPO (músicas do mundo). Músicas de raíz que percorren os corpos e invitan ao baile. Unha proposta diferente con sons pouco habituáis, onde as fronteiras desaparecen e podemos sentir que formamos parte de algo máis grande.

14 H. COMIDA VECIÑAL NAS RÚAS. En Alegre, Praza do Cruceiro, Alonso López, Lili…etc.

15.30 H. LOCAL SRD CANIDO. CONCERTO: AUTÉNTICOS FARSANTES.

17 H. PARQUE ANTÓN VARELA. UBUNTU. Xogos e obradoiros. actividades, lúdicas i educativas, de promoción da sostenibilidade. Descubrimiento, Destreza, Itinerario circense…Xogos tradicionais.

 

facebook.programmaios2023

 

 

23