Dirección: Rúa Concepción Arenal 105, Plaza Canido, 15401 Ferrol, A Coruña
Teléfono: 881939289
tallerdezapateriaelcubano@gmail.com
https://www.facebook.com/Tallerdezapateriaelcubano/
El Cubano é un taller de zapatería adicado á reparación de calzado, afiado e chaves. Este ofrece aos seus clientes servizos de duplicado de chaves, restauración de mandos e chaves de vehículos e restauración e modificación de calzado.
Corre o ano 1952, logo dunha época de aprendizaxe cun maestro de zapateiros moi famoso na comarca, o seu pai Manuel, que retornara da emigración a Cuba (de aqui o nome de El Cubano) decide construir un pequeno edificio no que montar un obradoiro, e busca unha zona de moito paso de xente a poder ser nun barrio popular, que resulta ser o barrio de Canido. Ao principio traballan Jesús e mailo seu irmán Justo. A actividade principal era a confección de calzado a medida, oficio no que destacaron en pouco tempo. Pronto foi tal a afluencia de xente que tiveron que contratar operarios, chegando a ser sete…. (en dezasete metros cadrados).
Co paso dos anos, e ante a presión da industria do calzado española e de calidade da época, desviaron a actividade principalmente á reparación, motivo polo que se viron obrigados a prescindir de tanto personal, e abren tamén un comercio de calzado, separándonse. Así queda Justo co taller e Jesús co comercio. Cando os seus fillos empezaron a sentir inquedanzas (e precisar cartos para levalas a cabo) Justo lles ofrecía aprender o oficio a cambio dun salario. Co paso dos anos, Justo decide xubilar, (aos setenta e cinco anos) e proponlles aos seus fillos a posibilidade de pechar, ou herdar o negocio, momento no que o seu fillo máis vello, decide deixar a súa profesión e reabrir o negocio familiar…