Comezou o programa cunha intervención de Fran, en representación de Radio Filispím, saudando á audiencia dende os novos locais: o Centro Cívico de Canido. Fala Fran da ilusión que xera este cambio e oferta a Radio Filispím a toda canta xente teña un proxecto de radio.

Continúa Roberto Taboada falando, tamén, da chegada de Radio Filispím ao barrio de Canido e amosa a súa ledicia diante das posibilidades que este medio de comunicación ábrelle ao barrio. Adianta tamén Roberto a próxima visita da Intrabarrial ao Concello para propor colaboración nas vindeira Festa Dos Maios.

 

Na sección Outra información é posible, Rafa Aguirrebengoa analizou o Sistema Público de Pensións e as mobilizacións que o sector de pensionistas están a levar en demanda de pensións xustas. Analiza, como segunda proposta a Folga dos traballadores e traballadoras da Xustiza.

 

Sari Alabau foi protagonista do Vivo, penso e declaro .

 

O tema do día foi o 8M. Interveñen no coloquio Begoña García, Maru Seoane, Sari Alabau, Beatriz Bocija. Todas coinciden na alegría que trouxo o día 8M, cunhas rúas de Ferrol inzadas de mulleres e homes, de xente nova e maior, de cidadanía en grande manifestación. Coincidencia, tamén, en salientar como data histórica este 8M. Debate sobre a brecha salarial, evolución na vida cotiá dese machismo que impregnou e impregna toda a sociedade. Debate sobre o papel que teñen que cumprir xa as Administracións e críticas ao cambio e cambaleo dalgúns partidos. Debate sobre a necesidade de lexislar sobre o desfrute do permiso de maternidade, o feminismo inxerido nos avances sociais,….

 

Remate do debate e despedida coa Lega en Noveccento.

https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-12-audios-mp3_rf_24360888_1.html