A Asociación Veciñal de Canido pon o broche final a dúas das súas iniciativas máis populares coa celebración do último “Canido Vermú Swing” e o tradicional “Mercado Popular”, que terán lugar esta fin de semana no barrio alto da cidade.
O sábado 13 de setembro, o Centro Cívico de Canido acollerá a última edición do Vermú Swing, un evento que leva enchendo o barrio de música e baile durante os últimos meses. A partir das 12:00 horas, ofrecerase unha clase aberta de Lindy Hop, accesible a todas as idades e niveis, sen necesidade de experiencia previa. Despois, ás 13:00 horas, a enerxía do swing continuará cunha sesión de baile social a cargo da Bög Avant Band. Por outra banda, o domingo 14 de setembro, a Praza de F. Miramontes acollerá o último Mercado Popular de Canido, un evento consolidado no calendario do barrio. Dende primeiras horas da mañá, os postos de segunda man, artesanía, antigüidades e arte estarán abertos para todos aqueles que queiran acercarse.
Asi mesmo do venres 12 ata o 19 poderase visitar no horario habitual do Centro Cívico de Canido a exposición O FIN DO CAMIÑO composta por dez paneis dobles – en castelán. galego e inglés – que perseguen falar e promover a reflexión e o diálogo sobre “o fin” do Camiño de Santiago, o obxectivo que move a unha persoa a percorrer o propio Camiño. Tratase dunha exposición itinerante confeccionada por Egeria que conta co apoio do Xacobeo e o Arzobispado de Compostela.
ACTIVIDADES DO CURSO 25/26 XA EN MARCHA
Ademáis destas actividades continúa está aberta a inscrición de máis de medio centenar de actividades previstas para o novo curso. Actividades elaboradas entre as diferentes entidades da intrabarrial do barrio que achegan un completo programa, moi diverso e interxeneracional o cal pode consultarse na web da entidade veciñal: www.avcanido.org