Preguntei a unha amiga galega que leva 25 anos en Madrid se oíu falar das Meninas de Canido e respondeume que non. É probable que esa fose tamén a resposta de gran parte dos residentes en Galicia e, endebén, esta cita anual coa arte nas rúas do barrio de Canido, en Ferrol, ten dez edicións e na última, celebrada do 30 de agosto ao 1 de setembro, participaron máis de cen debuxantes e pintores chegados de distintas comunidades españolas, Arxentina, Uruguai e EE.UU.; a asistencia de público contabilizouse en decenas de miles de persoas, e as novas obras de creación permitiron superar as 400, algu …
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2019/09/07/as-meninas-canido/0003_201909G7P13993.htm