O recoñecido fotógrafo ferrolán José María Goiriz de Roque ten o pracer de presentar a súa última exposición titulada “Efixies”. A mostra, que recolle a singular esencia visual do artista, inaugurarase o venres 19 de xaneiro ás 19.00 horas no Centro Cívico de Canido.
A exposición “Efixies”, organizada pola Asociación Veciñal de Canido conxuntamente coas entidades Muiño do Vento, SRyD Canido e Asociación de Acordeonistas de Canido-Ferrol, ofrece unha mirada engaiolante a través da lente distintiva de Goiriz de Roque, que recolle en Efixies a súa experiencia acumulada ó longo dos anos a través do retrato fotográfico.
Detalles da Inauguación:
- Data: venres, 19 de xaneiro de 2024
- Hora: 19:00
- Lugar: Centro Cívico de Canido
HORARIOS DA EXPOSICIÓN
A exposición estará aberta ao público do 19 de xaneiro ao 4 de febreiro. O horario de visita é de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas, de luns a venres. Os sábados, o horario será de 11.00 a 14.00 horas e os domingos de 11.00 a 13.00 horas.
Trátase dunha oportunidade única para mergullarse na visión artística de José María Goiriz de Roque, un fotógrafo que conseguiu destacar no mundo da fotografía co seu estilo inconfundible e a súa capacidade para captar a esencia da realidade.
Aqueles que desexen explorar “Efixies” e mergullarse na riqueza visual das creacións de Goiriz de Roque están cordialmente invitados á inauguración e a visitar a exposición durante a súa estancia no Centro Cívico de Canido. A entrada é gratuíta e a exposición promete ser unha experiencia visual única e inspiradora para todos os amantes da arte e da fotografía.