Ferrol, 15 de xaneiro do 2024 –

O Centro cívico de Canido afronta unha semana de moita actividade na que acollerá dende presentacións de libros e exposicións ata música e obradoiros.

As actividades comezarán este Xoves 18 coa presentación do libro “Fariña e Muíños en Ferrolterra durante a Ilustración” de Manuela Santalla que terá lugar ás 20:00 horas. Organizado con Muíño do Vento, Asociación de historiadores Ferrolterra Antiga e SRYD Canido.

O Venres 19 ás 19:00 inaugurarase a exposición “Efixies” do recoñecido fotógrafo ferrolán José María Goiriz de Roque. A mostra, que recolle a singular esencia visual do artista a través do retrato estará aberta ao público do 19 de xaneiro ao 4 de febreiro. O horario de visita é de 11.00 a 13.00 horas e de 18.00 a 20.00 horas, de luns a venres. Os sábados, o horario será de 11.00 a 14.00 horas e os domingos de 11.00 a 13.00 horas. A entrada é gratuíta e a exposición promete ser unha experiencia visual única e inspiradora para todos os amantes da arte e da fotografía. Esta actividade está organizada coa SRYD Canido, Muiño do Vento, a Asoc. De Acordeonistas de Canido – Ferrol e a propia entidade veciñal.

Ese mesmo día, Venres ás 19:30, comezará unha charla gratuíta do colectivo Ferrolterra WordPress impartida por Manuel Martínez Polo baixo o título “¿Tu negocio es rentable? Cómo comprobarlo, que conta coa colaboración da Asoc. Veciñal de Canido e a Asociación Cultural Muiño do Vento.

As actividades no Centro Cívico prolongaranse  todo o fin de semana. O Sábado 20 terá lugar ás 13:00 un vermú e xantar no centro cívico con Nüca, Cesar Señor, Suso Manchita e Fran Insua. A Actividade continuará pola tarde-noite nas salas Manchita e Room e está promovida por Ferrol Records.

O Domingo 21, organizado pola AV de Canido con Muiño do Vento, celebrarase de 10 a 14 horas un “Obradoiro de construcción de pandeiros” cun custe de 60 € (50 euros para as persoas socias da entidade veciñal) e que precisa reserva previa de praza no 680 466 455. Tamén o domingo en horario de mañá, de 11:00 a 13:00, a rapazada mais nova desfrutrará de obradiros multisensoriais, cun custe de 20 euros (persoas socias 15 euros) e que tamén precisa inscripción previa no 666236919.

A asociación Veciñal de Canido e as demáis asociacións do barrio invitan ao público a acudir ás actividades que teñen lugar esta semana e que dan comezo á programación deste ano 2024.

Para obter máis información, póñase en contacto con avcanido@gmail.com.