Nova emisión dende as instalación do Centro Cívico de Canido. Emisión que comeza cun chamamento de Fran, en representación de Radio Filispím, a participar no Conspirando 2018.

 

Roberto Taboada en Noticias do Barrio Alto, informa da entrevista mantida co Alcalde , preparatoria dos Maios. Tamén informa da próxima visita do Concellal de Barrio a Canido .

 

Na sección Outra Información é Posible colabora , nesta ocasión, Rafa Rodríguez. Reflexión sobre a necesidade de buscar información máis aló do comercial. Percorrido pola actualidade comentando temas variados: Sanidade, Xustiza, Cataluña…

 

Vivo, Penso e Declaro contou coa intervención de Sabela Rodríguez .

 

O Tema do Día tivo como cerne de exposición  O Dereito a Pensións Dignas. Participaron neste debate Chitola Rey, Marichi Cuadrado, Rafa Rodríguez  e María José, asistente dende o público. Unanimidade entre os participantes en presentar as Pensións como un dereito. Dereito de toda a cidadanía a vivir con dignidade.

Exposicións biográficas de anos de traballo e loita e, duras críticas a mensaxes e intentos de xustificar as privatizacións de servizos públicos, nomeadamente as Pensións.

Despedida con Cesaria Evora e Eleftheria Arvanitaki, camiñando a S. Tomé.

https://www.ivoox.com/unha-tarde-no-muino-13-audios-mp3_rf_24813244_1.html